Os menores e as tecnoloxías da información, comunicación e ocio

Guía para padres: Los menores y las tecnologías de la información, la comunicación y el ocio, é unha guía realizada por Tecnoeduca e editada pola Deputación de Alicante, dirixida a pais preocupados polo que os seus fillos podan facer ou atopar na rede. Nesta guía dividida en diferentes apartados fálase das redes sociais, dos videoxogos, do uso e do abuso das tecnoloxías da información e do ocio... dun xeito comprensible, a guía aborda toda unha serie de temas para achegar aos pais e educadorews ao cibermundo dos seus fillos ou alumnos.

Nesta guía de máis de 150 páxinas poderás aprender a utilizar estratexias de control parental coas que limitar a que lugares poden ou non poden acceder os teus fillos ou que facer no caso de que se atopen nalgunha situación de risco como a adicción ás redes, apostas online ou estea sendo vítima de ciberbullying.

Para acceder á guía preme no enlace.