Fin de curso...

E un ano máis chegamos ao remate do curso. É un momento emocionante... con boas notas para uns e cun "necesitas traballar un pouco máis" para outros. Ao longo destes meses moito foi o esforzo e o traballo, moitas as horas dedicadas a ler e escribir, a redactar, a facer contas... e tamén a gozar dos compañeiros, das saídas, das actividades... Agora, temos por diante o verán. É unha época para deixar atrás a escola e pasar os días na praia. Seguro que tamén atoparemos tempo para que os nosos fillos/as lean, traballen un pouquiño e non esquezan o que foron aprendendo.
En setembro regreso. Carguemos pois as pilas para ese novo curso.
Feliz verán a todos.