Xornadas sobre autismo

TEAVI, unha asociación que nace co propósito de dar apoio e respostas ás necesidades das persoas con autismo, organiza unhas xornadas sobre este tema.A información, se vos interesa, é a seguinte:
O vindeiro sábado 17 de outubro ás 09:30 hs., terá lugar no Centro Cultural Helios de Bembrive ( Alameda do Torreiro s/n ), as II XORNADAS TEAVi SOBRE AUTISMO. A organización conta coa colaboración da Alcaldía de Bembrive.
Cóntase coa presentación da Asociación por parte de Encarna Fernández (Presindenta da Asociación) e cos relatorios a cargo de María Belén Martínez (Psiquiatra Saúde Mental Infantil do Hospital Álvaro Cunqueiro ), Carmen Marquéz (Psicóloga e coordinadora de B.A.T.A ) e María Pacín (Psicóloga responsable do Gabinete Litus , colaboradora e fundadora da Asociación TEAVi ).

Para realizar as vosas inscripciones tendes/tedes á vosa disposición o teléfono 634887690 ou a través de noso e-mail: teavi.teavi@gmail.com


Para máis información sobre estas xornadas ou sobre a propia asociación, preme na seguinte imaxe: