Síndrome de Down

Hoxe queremos presentarvos unha páxina web tremendamente interesante:

http://www.mihijodown.com/

A síndrome de Down é unha alteración xenética que se produce pola presenza dun cromosoma extra (o cromosoma é a estrutura que contén o ADN) ou unha parte del.

As células do corpo humano teñen 46 cromosomas distribuídos en 23 pares. Un destes pares determina o sexo do individuo, os outros 22 se numeran do 1 ao 22 en función do seu tamaño decrecente. As persoas con síndrome de Down teñen tres cromosomas no par 21 en lugar dos dous que existen habitualmente; por iso, esta síndrome tamén se coñece como trisomía 21.


A síndrome de Down non é unha enfermidade. O efecto que a presenza desta alteración produce en cada persoa é moi variable. O que si podemos afirmar é que unha persoa con síndrome de Down terá algún grado de discapacidad intelectual e mostrará algunhas características típicas desta síndrome.
As persoas con síndrome de Down mostran algunhas características comúns pero cada individuo é singular, cunha aparencia, personalidade e habilidades únicas.


Esta páxina web ofrece información aos pais e familiares de nenos con síndrome de Down, e nela atoparedes, por exemplo, guías ou folletos como os que poñemos a vosa disposición aquí. Documentos elaborados por DOWN ESPAÑA, en colaboración coa FUNDACIÓN MAPFRE.

Preme nas imaxes: