Guía para a promoción de hábitos saudables desde a familia

Autoría: Alfonso Méndez Alegre (Instituto Centta) e Robin Rica Mora (Instituto Centta)
Guía editada pola CEAPA (Confederación Española de Padres y Madres de Alumnos).

A infancia é unha etapa do noso desenvolvemento na cal unha correcta alimentación ten un papel esencial. Os casos de malnutrición, ou ben por exceso ou ben por defecto, poden ter importantes repercusións no desenvolvemento normal e no estado de saúde dun individuo a curto e a longo prazo.

Ademais, e como dato moi importante, non debemos esquecer que durante esta etapa é cando se van a comezar a instaurar os hábitos alimentarios que se manterán durante toda a vida. Por iso, debemos instaurar desde a máis tenra infancia, uns bos hábitos en canto á alimentación e á actividade física dos nosos fillos e fillas, promovendo unha correcta alimentación e estimulando a práctica habitual de actividade física en calquera das súas modalidades.

Para ler ou descargar esta guía, preme na imaxe: