Suspendida a charla "Comunicación pais-fillos"

Por motivos alleos ao centro, a charla prevista pola Escola de Pais "Comunicación pais-fillos" para o mércores 20 de xaneiro, e que iba ser impartida polo pedagogo David Martínez, foi cancelada polo Concello de Vigo.
Como a Concellería indica:

Por motivos relacionados coa modificación no procedemento de adxudicación das entidades impartidoras dos programas de prevención de drogodependencias escolares, a familias e alumnado, xestionados desde este Equipo de Prevención de Drogodependencias e outras Adiccións do Concello de Vigo, vémonos na obriga de suspender, provisionalmente, a charla sobre "comunicación" para as familias do alumnado que, dentro do Programa preventivo "Máis que un teito", estaba programada para impartirse este mércores, día 20 de xaneiro, ás 17:00 horas nese centro de ensino.


Polo que atañe a nosa Escola de Pais, lamentamos as molestias ocasionadas e agardamos poder ofrecer esta charla nunha nova data.