Como sobrevivir aos suspensos do teu fillo/a

Cómo sobrevivir a los suspensos de tus hijos, está escrito por Carlos Pajuelo, un veterano psicólogo extremeño que atoparedes bastante neste blog porque temos a autorización para republicar moitos dos seus interesantes escritos. Neste caso, queremos recomendar un libro seu que fala, como o título indica, dos suspensos. 
Este libro vai destinado aos pais e nais como guía para saber que debemos ou non facer cando un fillo non aproba e como axuda para pensar que os problemas que xorden no camiño da educación dos nosos fillos son superables.
Publica a Editorial Espasa.
Páxinas: 184.
Prezo: 17,90 euros (papel) e 8,99 euros (eBook).