Guía de formación TIC para nais e pais

Que son as TIC? Sempre escoitamos esta palabriña con relación á escola, pero debemos saber que en realidade a vida dos nosos fillos e fillas está mergullada nas dichosas TIC todo o día, (e as nosas tamén). TIC non é outra cousa que as Tecnoloxías da Información e Comunicación. Ou o que é o mesmo: teléfono, páxinas de internet, blogs, chats, videoxogos... todo o que engancha aos nosos fillos ao entrar no proceloso mundo da adolescencia.
Para ser nais e pais do século XXI cómpre que nos manexemos neste mundo dixital para que entendamos aos nosos fillos e, chegado o momento, podamos axudalos. 
¿Queres entrar no mundo das TIC? Aquí tes a entrada para coñecer todo o que non sabías e que fará que a túa vida, e a túa comunicación co teu adolescente, sexa máis doada.
Benvido/a á aventura.

Guía editada pola Junta de Andalucía (Consejería de Innovación, Ciencia y Empresa).

Para ler ou descargar, preme na imaxe: