Que facemos coas redes sociais?

Os nosos fillos son nativos dixitais. Naceron e medran nun mundo dominado por internet e todas as súas aplicacións. É por iso que, chegados á adolescencia, (ou antes), participan activamente en redes sociais. Nós, os pais e nais, debemos coñecer o seu funcionamento, os perigos que agochan e como se deben usar correctamente, para axudar aos nosos fillos na súa relación con estas redes.
Esta guía escrita por Isabel Bellver e editada por CEAPA convírtese polo tanto nunha boa ferramenta para a nosa educación audiovisual e tecnolóxica.

Para ler ou descargar, preme na imaxe: