A síndrome de Tourette

A Síndrome de Tourette é un trastorno neurolóxico que se caracteriza pola producción de tics motores e vocais crónicos por parte das persoas que a padecen.
Recibe o nome do neurólogo francés Gilles de la Tourette, que a describiu por vez primeira no ano 1885.
Os primeiros síntomas inícianse xeralmente entre os 7 e os 10 anos, e afectar con máis frecuencia aos rapaces que as rapazas.
A Síndrome de Tourette é un trastorno crónico aínda que a intensidade dos seus síntomas é moi variable, pode haber tempadas con moitos tics e tempadas en que casi desaparezan.
A causa deste trastorno é xenética aínda que o seu patrón de herdanza é incerto. 
Segundo o doutor Emilio Fernández, profesor titular de Pedriatría da Universidade de Barcelona e fundador do Servizo de Neuropediatría do Hospital Sant Joan de Déu de Barcelona, na súa obra "Entender os tics" (Edicións Medici, Barcelona 2004) hai, aproximadamente, uns 25.000 nenos coa Síndrome de Tourette en España.
Precisamente por iso, pareceunos de interese poñer a disposición de todos o seguinte enlace á Fundació Tourette, onde atoparedes moita máis información.

Para entrar na páxina, preme na imaxe: