Actitude

Hoxe queremos traer á páxina da Escola de Pais un vídeo para reflexionar. É unha charla TEDx de Victor Küppers, que nos fala de actitude, de motivación, do importante que é darlle importancia ás cousas importantes. Aínda que semella un xogo de palabras, ten moita verdade.
Recoméndovos pararvos uns minutos e disfrutar desta charla chea de humor e tamén chea de reflexión.