¿Donde viviré?

 
Escrito por Rosemary McCarney, embaixadora das Nacións Unidas en Canadá, ¿Donde viviré? axudará aos nenos que non están directamente afectados por esta crise humanitaria, a pensar na importancia do fogar e en como é a vida dun pícaro refuxiado que non ten un lugar permanente e seguro para acubillalo a el e á súa familia. As fermosas fotografías forman parte da Biblioteca de Imaxes de ACNUR (Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados) e inclúen imaxes de nenos que migran e de campos de refuxiados en países como Líbano, Ruanda, Iraq, Níger, Hungría, Jordania, Sudán e Grecia. Unhas imaxes que nos amosan como moitos nenos, de diferentes partes do mundo, teñen que abandonar as súas casas porque xa non son seguras. Debido ás guerras e aos conflitos armados, eles e as súas familias convertéronse en refuxiados. Para eles a vida é moi dura e está chea de interrogantes. No entanto, atopan tempo para rir, xogar e facer amigos. E o máis importante de todo, conservan a esperanza de que nalgún lugar alguén lles dará a bienvenida a un novo fogar.

Recorda: esa familia e eses nenos poderían ser os teus!


Parte dos beneficios obtidos pola venda deste libro serán doados a programas para nenos refuxiados de todo o mundo.