Algunhas guías interesantes

Conflictos familiares


Guía editada pola CEAPA (Confederación española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos) que se centra en como resolver e afrontar os conflictos no seo da familia, sendo estes inevitables.

Para máis información, preme na seguinte imaxe:





Déficit de atención

Prodúcese cando a conectividade entre áreas do cerebro fallan e pode ser a causante do fracaso escolar do neno.
Os seus síntomas son doados de detectar: facilidade para distraerse, incapacidade para realizar tarefas sinxelas que perfectamente saber facer, facilidade para entreterse con cousas pequenas... É o trastorno por déficit de atención (TDH).

Para máis información, preme na seguinte imaxe:

(Publicado coa autorización dos seus autores).




Os fillos e fillas fronte as drogas

Unha guía que pretende axudarvos a protexer aos vosos fillos/as adolescente fronte as drogas. Nela atoparedes información sobre o fenómeno das drogas, orientacións para favorecer a prevención dende a familia, ferramentas para detectar posibles signos de alarma e, se fora o caso, estratexias para afrontar o consumo de drogas.

Para máis información, preme na seguinte imaxe:






Pais separados

Para axudar aos pais nesta situación, ás veces difícil, aquí tedes unha guía realizada polo Goberno de Aragón, na que se pretende ofrecer unha serie de pautas ou consellos prácticos sobre como manexar e reducir os efectos desta circunstancia nos fillos, buscar solucións aos problemas que se plantexan en relación con eles e resolver todas as dúbidas que a nova situación lles pode xerar.

Para máis información, preme na seguinte imaxe: