Los hijos: instrucciones de uso (I)

Queremos presentar un fantástico traballo realizado pola orientadora educativa e divulgadora Ana Torres Jack, que tenta abordar o tema da educación dos nosos fillos dende varios puntos de vista. Editados pola fundación Educa Barrié, a idea é mostrar as claves necesarias para facer fronte aos problemas educativos máis habituais, como por exemplo os relacionados co ámbito escolar, as rutinas ou a intelixencia emocional. Todos estes temas atópanse neste primeiro Bloque I: Orientación Familiar.
Os Bloques II e III están adicados a intelixencia ao talento. Estos apartados intégranos artigos con propostas para estimular as capacidades intelectuais dos fillos diferenciadas en dúas etapas: dos 3 aos 6 anos, e dos 6 aos 12 anos.
Nestas guías tamén están a nosa disposición fontes fiables nas que se poden buscar máis información. Pero, sobre todo, o obxectivo é conseguir que confíes máis en ti como pai ou nai.
Porque, como dí a presidenta e fundadora do Children´s Defense Fund, Marian Wright Edelman: "Os pais chegaron a estar tan convencidos de que os educadores saben o que é mellor para os nenos, que esquecen que eles mesmos son realmente os expertos".


1. Bloque I: Orientación familiar.
  • Relación cos fillos: estilos educativos, comunicación efectiva, educar na responsabilidade, normas e límites, xestión de conflictos, prevención de conductas violentas, ensinar a controlar os riscos de internet, a educación emocional, as habilidades sociais, a toma de decisións...
  • O ámbito escolar: características da educación infantil e primaria, hábitos de estudo, preparación de exámenes, prevención de problemas, sinais de alarma, enfrontarse ás dificultades, o acoso escolar, problemas de adaptación...

BLOQUE 1: Orientación familiar.

1. Los hijos: instrucciones de uso
2. Navegar sí, naufragar no
3. Aprender a vivir en sociedad
4. No quieren jugar conmigo
5. Enséñale a hacer amigos... en cuatro pasos
6. Cuando los problemas crecen
7. Mírame a los ojos
8. Ya te dije que no
9. Diez pistas para educar
10. La importancia de las rutinas
11. ¡Qué berrinche!
12. Diez normas básicas para los niños pequeños
13. ¿Eres pasivo, autoritario o asertivo?
14. Hasta ahí podíamos llegar

Para acceder á guía, preme na imaxe:




Publicado con autorización da autora.
Ana Torres Jack é  Licenciada en Psicología (Universidad Pontificia de Salamanca), Máster en Medios de Comunicación (La Voz de Galicia/UDC) e Orientadora de Ensinanza Secundaria da Consellería de Educación (Xunta de Galicia).