Como estimular a intelixencia emocional

Publicado coa autorización da revista Ollos de aula (http://www.coordinadoraendl.org/)
Autora: Mª Dolores González Piñeiro

QUE É A INTELIXENCIA EMOCIONAL?

A intelixencia emocinal refírese á capacidade de recoñecer os nosos propios sentimentos e os alleos, de motivarnos e de manexar ben as emocións, en nós mesmos e nas nosas relacións.

ESTRATEXIAS PARA ESTIMULAR A INTELIXENCIA EMOCIONAL

- Ensinarlles a dar nome e recoñecer os sentimentos e/ou emocións. Son de grande axuda os xogos, contos, tarxetas con debuxos, etc. Aproveitar o espazo de contar contos para que os nenos/as poidan identificar as diferentes emocións dos personaxes. Axudarlles a que debuxen os rostros dos personaxes ilus-trando a emoción que están sentindo. 

- Deixar que os nenos/as expresen os seus sentimentos e emocións. Como adultos, escoitar e expresar as propias. 

- Relacionar xestos faciais con sentimentos: por exemplo, se te ris, dicirlles que este sentimento é ledicia. Se mostras unha cara triste é porque non che gusta o que está pasando. É fundamental que os nenos/as poidan aprender a “ler” as caras das persoas coas que interactúan para entender como se están sentindo e, eventualmente, de ser necesario, modificar a súa conduta. 

- Ensinarlles que na vida non sempre se pode ter todo o que queremos. Deben aprender a esperar. É importante o autocontrol e autodominio.

- Ensinarlles que cando se ten un problema, o primeiro que hai que facer é reflexionar e logo actuar dunha forma pacífica, sen mancar a outras persoas para solucionar o problema.

- Ensinarlles que hai que preocuparse por un mesmo, coidarse, pero tamén polas outras persoas. Aplaude cando o teu fillo/a aprenda, traballe ou xogue en equipo.

- A capacidade de automotivarse e posteriormente motivar as outras persoas está intimamente ligada co optimismo e a autoestima. Un neno/a que recibe recoñecemento polo que fai, raramente será agresivo e pesimista.

- Ensinarlles a pedir perdón cando realizan unha acción negativaNas relacións sociais, ensinarlles aos nenos/as que a mellor maneira de solucionar conflitos é conversando, non agredindo nin física nin verbalmente a outra persoa.
- Conversar cos nenos/asO ideal é que os valores fundamentais sexan proporcionados desde a familia e a escola. Axudalos a comprender a realidade, propoñendo xuízo crítico.

- Felicitar o neno/a cada vez que enfronte unha emoción negativa de maneira adecuada, é dicir, utilizando unha das técnicas
que se lle ensinaron ou que xurdiu del mesmo.
Isto axudará a que o neno/a faga consciente a súa aprendizaxe e, consecuentemente, automatice xeneralizándoa a situacións novas. Ademais, mellorará en optimismo e autoestima.