Guía de axudas sociais para familias

Interesante guía para pais e nais coas axudas sociais que se poden solicitar, actualizada a este mesmo ano.
Nesta guía, editada polo Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, aparecen os seguintes apartados:

. Prestacións familiares á Seguridade Social, permisos parentais e excedencias.
. Axudas en materia de emprego.
. Beneficios fiscais por fillo a cargo no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF)
. Axudas sociais a familias numerosas.
. Axudas sociais a familias monoparentais.
. Prestacións sociais do sistema público de servizos sociais ás familias.
. Axudas para familias con persoas en situación de dependencia.
. Axudas en caso de impago de pensións de alimentos en situacións de separación ou divorcio.
. Servizos para coidado de fillos menores de 3 anos.
. Becas e Axudas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
. Axudas en materia de vivendas.
. Axudas sociais para afectados polo virus da Hepatite C ou polo virus da Inmunodeficiencia Humana (VIH).

Parécenos unha guía moi importante e tedes acceso a ela simplemente premendo sobre a imaxe.