Acoso escolar

María del Mar Merayo e Asociación Vagamundo son os autores deste manual dedicado ao acoso escolar, para mostrar aos pais e nais como actuar ante unha situación destas co seu fillo/a. Este pequeno libro está editado pola Confederación Española de Asociacións de Pais e Nais de Alumnos (CEAPA).
O acoso escolar é un tema que esperta grande alarma social e que sen dúbida é un dos maiores conflitos que pode atopar un/unha adolescente ao longo desta etapa. Este manual non aporta solucións máxicas pero si amosa o camiño que os pais e nais poden facer para non só prevenir este tipo de situacións, senón tamén para pórlle freno.
Simplemente, preme na imaxe: