E logo que digo?

Como pais, sabemos que todos nós recibimos distintas mensaxes sobre a sexualidade. Algúns de nós quizais recibimos ou non educación sobre a sexualidade por parte dos nosos propios pais. Malia o que nos ensinaron cando eramos novos, é importante dar aos nosos fillos información correcta, xunto cos nosos valores familiares, para poder axudarlles a tomar decisións saudables sobre a sexualidade. 

No 1998, Planned Parenthood of New York City (PPNYC) creou o programa de Adultos Modelos para axudar aos pais aprender as habilidades e técnicas para manter abertas as liñas de comunicación cos seus fillos(as) sobre a sexualidade. Esperan que a información, habilidades e técnicas desta guía faralles máis fácil a outros pais compartir información correcta e os seus valores familiares cos nenos nas súas vidas. Falar cos nenos sobre a sexualidade é un proceso de toda a vida e esta guía pode axudarlle a empezar ou continuar ese proceso.

Unha publicación de Planned Parenthood of New York City

Preme na imaxe: