¡Socorro! Somos padres primerizos

Hoxe queremos presentarvos un libro divertido que, ademais, agasállanos cuns consellos prácticos á hora de comezar a difícil tarefa de ser pais.

Como queda claro na divertida introdución do tomo que agora publica Panini, Carlos Bonache non só é pai, é un pai Friki, o que significa que a solución aos quebradeiros de cabeza que supón converterse nun responsable pai de familia, ou de algo lixeiramente parecido, van estar nos videoxogos, o cine dos 80 e os cómics de superheroes. A estrea do guionista e debuxante nos labores de pai serviu como base para a creación destas tiras cómicas que, en forma de consellos para pais primerizos, deberían incluírse como asignatura obrigatoria nas clases de preparación ao parto. 

Bonache móvese con moita soltura no universo das tiras cómicas, e a proba son estes 99 consellos dos que consta o libro, que na maioría dos casos cóntanse nunha soa viñeta, e que van desde os descoñecidos que confunden ao noso fillo cunha nena, como esquivar aos preguntóns, as tallas variables da súa roupa en función do fabricante ou o dobre uso que se dá á cadeira de paseo como inesperado carro da compra.