Medrar xogando

O xogo é unha parte esencial da educación dos nosos fillos e fillas. Nesta guía escrita por Julia María Letosa Albero, María Teresa Millán Cases, Isabel Rech Oliván e José Luis Soler Nages fálasenos precisamente disto, dos xogos. Tamén centra unha parte importante deste traballo os xoguetes e a súa elección e as novas tecnoloxías: internet e os videoxogos.
Que importancia hai que darlles os xogos, como actuar ante o abuso dos videoxogos por parte dos cativos e como sobrevivir neste mundo dixital no que vivimos son algunhas das preguntas que trata de contestar esta fantástica guía editada polo Gobierno de Aragón (Departamento de Servicio Sociales y Familia). 

Para ler ou descargar, preme na imaxe: