Saben usar internet ou os videoxogos?

¿Saben usar Internet o los videojuegos? é unha fantástica guía de educación audiovisual para pais e nais escrita por María Miret García e editada por CEAPA. Nela falásenos da relación que temos coa tecnoloxía audiovisual nas familias, dende os teléfonos á televisión pasando pola publicidade ou por internet. E xa que a tecnoloxía está tan presente nas nosas vidas, e sobre todo nas vidas dos nosos fillos, cómpre que naveguemos por estes mares con soltura. Nada mellor pois que esta guía para descubrir que problemas poden xurdir coa relación entre educación e tecnoloxía e como saber solventalos.

Para ler ou descargar, preme na imaxe: