Contos para educar sobre ocio e tempo libre

A Confederación Española de Asociaciones de Padres y Madres de Alumnos (CEAPA) publicou este documento que recolle tres contos didácticos dirixidos a nenos de entre 6 e 12 anos:  “Dónde está mi voz”, “El escaparate” e “El campo no huele tan mal”. O obxectivo deste material educativo é servir como instrumento para que os pais e nais plantexen aos seus fillos de forma entretida e dinámica a importancia de ter un ocio de calidade, e saber manexar o tempo libre para poder gozar dunha vida feliz e saudable. Este formato de conto constitúe unha forma eficaz para chegar ao público infantil con mensaxes sinxelas nun contexto de xogo, no que poidan interiorizar valores e actitudes que os axudarán a xestionar as súas vidas.

Para ler ou descargar, preme na imaxe: