Captain Fantastic

Hoxe queremos recomendar unha película: Captain Fantastic, escrita e dirixida por Matt Ross. Esta cinta fálanos de Ben (Viggo Mortensen), un home que pasou dez anos vivindo nos bosques do noroeste de Estados Unidos criando aos seus seis fillos. Unha película que nos fala precisamente diso, de como criamos aos nosos cativos e mesmo de como queremos vivir a vida. Unha película optimista, vital e tenra para pensar un pouquiño. Non a perdades.