Alicia Peralejo

O pasado xoves día 18 de maio, ás 15:10 horas tivo lugar unha charla da psicóloga Alicia Peralejo sobre como ser pai ou nai de adolescentes.
Moitos son os medos e as inquedanzas que todos temos cando os nosos fillos e fillas chegan a estas idades. Preocúpanos como actuar con eles, como establecer límites, como acadar que sigan tendo a confianza en nós que tiñan de pequenos. Sobre todo isto falou Alicia Peralejo, psicóloga e fundadora da asociación CEAVIGAL, coa que desexamos contar nunha nova ocasión.
A charla tivo unha nutrida asistencia de pais e nais que disfrutaron dos consellos de Alicia e a quen lle puideron facer todas as preguntas que quixeron sobre este tema.
Será a derradeira charla da Escola de Pais do cole neste curso, pero convidámosvos a seguir participando a través das vosas preguntas e suxerencias por correo electronico. Para iso, tedes unha pestana na parte superior desta páxina.
O verán achégase e nós seguimos na difícil pero motivadora labor de educar aos nosos fillos.