APP Urxencias Sanitarias de Galicia

A aplicación para dispositivos móbiles “Urxencias Sanitarias de Galicia”, disponible sen custo tanto para plataforma Android, como para IOS, supón un avance significativo para a asistencia ao paciente no entorno extrahospitalario.
Unha vez instalada a aplicación, se o paciente ou alertante chama ao 061 a través da mesma, permite á Central de Coordinación Urgencias Sanitarias de Galicia – 061 (CCUSG - 061), xeolocalizar a chamada e polo tanto de ser necesario, enviar o recurso asistencial necesario con maior prontitude e precisión, feito especialmente relevante nunha comunidade como Galicia, con grande dispersión xeográfica e cunha climatoloxía e orografía complexas.
A aplicación permite se o usuario o desexa, rexistrarse e introducir os datos da tarxeta sanitaria, facilitando nese caso que o persoal sanitario da CCUSG-061 acceda con maior prontitude a súa historia clínica.


Para acceder a esta App, preme na imaxe: