Charla sobre autoestima

O vindeiro xoves día 30 de novembro, ás 15:00 horas
terá lugar unha nova charla da nosa Escola de Pais.
Marta Lloves,
profesora de Primaria e Ed. Especial, terapeuta educativa e especialista en traballo con familias,
falará de:
 AUTOESTIMA


A autoestima é o sentimento valorativo do noso ser, do noso xeito de ser, de quen somos nós, do conxunto de trazos corporais, mentais e espirituais que configuran a nosa personalidade. Esta apréndese, cambia e podémola mellorar. É a partir dos 5-6 anos cando empezamos a formarnos un concepto de como nos ven os nosos maiores (pais, mestres), compañeiros, amigos, etcétera e as experiencias que imos adquirindo.

Cando un neno ten unha boa autoestima, sábese valioso e competente. Entende que aprender é importante, co cal non sentir diminuído cando necesita axuda. É responsable, comunícase ben e é capaz de relacionarse adecuadamente con outros. Un neno con baixa autoestima non confía en si mesmo e polo tanto tampouco nos demais. Adoita ser tímido, hipercrítico, pouco creativo e en ocasións pode desenvolver condutas agresivas, de risco e desafiantes. Isto provoca rexeitamento nos demais, o que á súa vez repercute na súa autovaloración.


A esta charla están invitados/as todos os pais e nais
de alumnos/as de Ed. Primaria e ESO