É bo facer os deberes cos nenos?


Especialista en Psicología Educativa e Psicología Clínica e da Saúde, Silvia Álava é autora de libros como "Queremos que crezan felices", "Contos para comer sen contos" e "A psicología que nos axuda a vivir", onde proporciona recursos e pautas que aplica na súa experiencia clínica como terapeuta especializada en psicología infantil. Firme defensora da autonomía dos nenos, Silvia Álava reclama o dereito ao erro na aprendizaxe e a superación de medos e desafíos. Entre outros temas, explica por que os pais deberían limitar a súa participación nos deberes dos nenos, como afrontar a ansiedade ante un exame ou evitar a sobreprotección. Ademais, proporciona claves para que os nenos desenvolvan relacións baseadas na confianza e a igualdade, así como o rexeitamento a condutas machistas.


Esta interesante entrevista apareceu publicada en El País.

Preme para vela: